Loading

AUREUM Presentación da serie que podes atopar en www.anxodafonte.com/aureum

O ouro sempre foi un dos bens máis codiciados polos seres humanos, provocando moita ledicia entre os que o posúen pero que esquecen toda a amargura e sangue que sempre houbo en torno da súa obtención. Iso é o que me lembra a min o ouro e a súa cor: conquista, masacre, saqueo, morte, escravitude e sobre todo avaricia.

Pero ouro tamén son os dourados raios do sol que proporcionan a vida e fannos sentir moito máis ledos que nos días grises e chuvieiros.

Podémonos sentir pequenos ó carón de xigantescas estruturas, pero en realidade temos sorte de gozar do poder da vida.

Deberiamos pensar xa en collermos todos da man e levarmos os uns ós outros coma irmáns con camiño da felicidade.

Ó longo do camiño atoparémonos con códigos e sinais que debermos interpretar así coma camiños que se separan e marcarán a nosa personalidade e tamén decidirán o noso fado.

Pasiño a pasiño faise o camiño e cando chegas ó remate hai lugar pra todo, pró desgastado calzado tamén. Pón as gafas de ver e observa cada día coma se fose o derradeiro. Cada vivencia conta, todo é experiencia vital... non desperdicies nin o primeiro raio de sol.

Grazas por visitar esta intro. Agardo que che guste e que segas volvendo de cando en vez e visites a serie completa na miña web.
Created By
Anxo Dafonte
Appreciate

Credits:

©️ ANXO DAFONTE, 2022