Loading

FRACTI CAERULEUM Presentación da serie que podes atopar en www.anxodafonte.com/fracti-caeruleum

A nosa sociedade machista tende a asocia-la cor azul ós nenos, pero non sempre foi así e de feito foron os pintores impresionistas do século XIX os que comezaron a empregalo nas roupas dos seus suxeitos, pintando os vestidos das nenas con tonalidades azul celeste.

Atopamos moitísimas tonalidades de azul, tantas que atráeme moito traballalo precisamente porque me supón un reto poder coordinalos nunha serie.

Tendo en conta que foi un dos pigmentos máis caros de obter, asóciaselle moito coa elegancia á hora de vestir e no deseño de contornas. Tamén é a cor do ceo e por elo adóitaselle usar coma referencia celestial ou a divinidades.

Quizais por elo, tento atopalo en formas moito máis terrenais. Fíxome moito nese azul abandoado, vello... roto... atráeme esa combinación porque prodúceme de entrada ese contraste entre o que debería ser perfecto e o que non o é.

Grazas por visitar esta intro. Agardo que che guste e que segas volvendo de cando en vez e visites a serie completa na miña web.
Created By
Anxo Dafonte
Appreciate

Credits:

©️ Anxo Dafonte, 2022