Loading

DEOS Presentación da serie que podes atopar en www.anxodafonte.com/deos

Aínda que na actualidade confésome ateo, xa nin sequera agnóstico, ó igual que aconteceu coa xente da miña xeración e rexión, crieime nunha sociedade católica e en realidade bastante máis conservadora do que moitos poderían sequera imaxinar.

Desa infancia e adolescencia relixiosa gardo sensacións moi controvertidas pero prefiro ficar só coas doces e non con aquelas que no seu intre fixéronme perde-la Fe.

Aínda que soe algo raro, mentres as miñas amizades e compañeiros de clase soñaban con ser astronautas ou futbolistas, cando se me preguntaba polo que quería ser de maior sempre contestaba que cura e imaxinábame en lonxanos e empobrecidos países axudando a levar mellor o peso da vida e amosando a miña propia interpretación das palabras dunha das personaxes históricas ás que sempre admirei e, iso é algo que aínda hoxe ninguén conseguiu mudar: Xesús de Nazaret.

A miña curiosidade levoume ó estudo autodidacta das diversas relixións do mundo e, a pesar de que decateime cedo de que non son máis ca un método de control de masas por parte dos que ostentan o poder, algo de todo elo debeu ficar no meu subconsciente e que aflora de socato pra cobrar forma na miña obra fotográfica.

Con sinceridade admito que non me molesta esa inspiración dos seres celestiais, máis ben todo o contrario, porque teño claro que forma parte da miña vida e foise forxando ata ser o que son aínda que non teña claro se pra ben ou pra mal.

Grazas por visitar esta intro. Agardo que che guste e que segas volvendo de cando en vez e visites a serie completa na miña web.
Created By
Anxo Dafonte
Appreciate

Credits:

©️ Anxo Dafonte, 2022