Loading

COGITARE VIRIDIS Presentación da serie que podes atopar en www.anxodafonte.com/cogitare-viridis

A verde é unha cor neutra moi abundante na natureza, unha cor que non emociona demasiado pero que resiste moi ben o paso do tempo; por dicilo dalgún xeito, non pasa de moda. Os seres humanos temos ademais a capacidade de aprecialo con moito detalle e podemos distinguirlle bastantes tonalidades distintas.

É tamén unha cor de contrastes pois tanto pode representar a unha dieta saudábel coma a un alimento apodrecido. Na nosa dieta mediterránea estanse a incorporar pouco a pouco as algas mariñas, aínda que eu mas atope no desconchado dun vello contedor de vidro.

Non foi unha cor sinxela de obter dun xeito artificial e por iso cotizouse moi ben precisamente pola súa presenza natural. Isto fixo que durante moito tempo, vestir con tonalidades verdosas axudase a identificar ás clases acomodadas que eran as únicas que podían permitirse o luxo de encargar semellantes tintes.

O verde que eu busco é un verde que dalgún xeito fágame pensar. Quero que lle dea un xiro de cento oitenta graos a aquelo onde o atope representado por moi mundano que pareza. Incluso atráeme en lugares descoidados ou abandoados porque é aí onde síntome co poder de ofrecerlle unha nova vida ó apartalo do seu estado marxinal e agónico.

Grazas por visitar esta intro. Agardo que che guste e que segas volvendo de cando en vez e visites a serie completa na miña web.
Created By
Anxo Dafonte
Appreciate

Credits:

©️ Anxo Dafonte, 2022