Loading

SUBURBIA Presentación da serie que podes atopar en www.anxodafonte.com/suburbia

Cando o urbano medra, arrasa con aquelo que se lle resiste. Os restos da colonización das cidades forma parte da paisaxe que non queremos ollar aínda que sempre o teñamos presente no noso día a día. Camiñamos a paso de caracol en comparación co avance do aceiro, do formigón e dos cableado eléctrico e de comunicacións.

A chegada do colono electrónico a un mundo descoñecido e ó que pouco impórtalle o dano que puidera causar. Os seus habitantes deberán entón desfacerse de todo aquelo que coñecen pra camiñar a paso lento cara a súa propia destrución.

Os organismos vivos deixan paso a cables e estruturas metálicas que fanse donas da contorna trocándoa ó seu antollo e creando novos mitos e deidades ás que adorar.

Os antigos habitantes vense obrigados a adaptarse a unha nova Idade onde o coñecemento chega por outras vías e as cacharelas estanse a preparar pra queimar calquera xurdir de rebeldía ou tentativa de conserva-la cultura tal e coma antes entendían. Chega o momento de tentar atopa-la saída.

Non sempre se poderá achar o camiño axeitado e pode que a fuxida chegue a parecer aínda un camiño moito máis escuro... ou cecáis pode que no remate dese escuro camiño atopémo-la luz. Do que no hai dúbidas é de que xa nada volverá ser coma antes.

Grazas por visitar esta intro. Agardo que che guste e que segas volvendo de cando en vez e visites a serie completa na miña web.
Created By
Anxo Dafonte
Appreciate

Credits:

©️ ANXO DAFONTE, 2023